20% OFF shipping at alliance-ir.net on orders over $79 + up to 10% OFF products
alliance-ir.net
home > UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR > UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR
download picture
UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR704 cantigas de amor galego portuguesas. Primeiro volume da serie Universo Cantigas, que recolle a edicin das 704 cantigas de amor galego portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto (crtico) de cada cantiga vai acompaado dunha parfrase en galego actual, para aln da indicacin das fontes manuscritas, das edicins anteriores existentes e dun QR que liga cada poema edicin completa en Universo Cantigas.. A obra froito dun intenso labor de
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols
704 cantigas de amor galego-portuguesas.
Primeiro volume da serie Universo Cantigas, que recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto (crítico) de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, para alén da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun QR que liga cada poema á edición completa en Universo Cantigas..

A obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade. 

Este traballo foi levado a cabo polos docentes da UDC e investigadores do Grupo ILLA (Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega) Manuel Ferreiro Fernández e Leticia Eirín García, así como por Mariña Arbor Aldea, da Universidade de Santiago de Compostela; e Bieito Arias Freixedo, da Universidade de Vigo; baixo a coordinación de Ferreiro, e recolle por vez primeira a edición crítica das 704 cantigas de amor transmitidas polos principais cancioneiros medievais: o da Ajuda, o da Biblioteca Nacional e o da Vaticana.

As cantigas de amor

As cantigas de amor constitúen unha modalidade poética da escola galego-portuguesa que se encadra no que a crítica denomina ‘canto cortés’. Xurdido en e para o ámbito aristocrático, o canto cortés vertébrase en torno ao que se coñece como a metáfora feudal, consistente na interpretación da relación amorosa como un trasunto do vínculo recíproco que se estabelecía entre un vasalo e o seu señor feudal. Esta modalidade poética da canción cortés xurdiu e triunfou inicialmente nas cortes señoriais da Occitania nos inicios do século XII, e, con posterioridade, noutras cortes europeas de Francia, Alemaña, Italia e da Península Ibérica, onde había xermolos poéticos autóctonos sobre os que se afianzaría esta nova poética.
Talvez o trazo máis definitorio das cantigas de amor é o feito de o sentimento vehiculado non ser recíproco: ao contrario do señor que se comprometía a amparar o vasalo e a corresponderlle (fazer ben) polo servizo prestado, a dama pretendida de amores, a senhor, non faz ben ao poeta namorado que a serve, non lle corresponde, non o acepta como seu vasalo. Isto é causa dun inmenso sufrimento (coita) que o levará sen remisión á morte –finxida, poética–, en evidente contraste co gozo da poesía occitana (joi), en que a correspondencia amorosa por parte da dama era unha variante relativamente frecuente. Trátase, ademais, dun amor a primeira vista, que entra polos ollos desde o intre en que se contempla a fermosura da muller, seguindo o topos clásico ovidiano moi difundido a través de Andrea Capellanus e do seu De amore, que constitúe o ‘tratado’ por excelencia desta poesía amorosa. Ver = amar = sufrir/morrer: velaí o esquema máis básico que é común á inmensa maioría das cantigas de amor, que tratan en diferentes combinacións, doses e distribucións, unha serie de temas xerais de uso obrigado e sempre desde unha perspectiva hiperbólica que os magnifica: trátase dun amor forzado derivado da primeira visión dunha muller de fermosura inefábel; un amor imposíbel non correspondido, gardado en segredo mesmo á propia dama que o desencadea, que xunto co afastamento e a imposibilidade de ver a amada e de lle poder falar é causa dun inmenso sufrimento, a coita, que culmina na morte. O paradoxo, concretamente a idea do ben como orixe do mal, é outra das figuras recorrentes nas cantigas de amor.
A poética medieval, e en particular a das cantigas de amor, desenvólvese en dous sentidos. Ao usar os temas e motivos obrigados pola tradición, todos os trobadores contribúen para o fortalecemento do paradigma, de xeito que pode afirmarse que as máis de seis centenas de cantigas de amor constitúen un macrotexto elaborado entre todos os autores que cultivaron este xénero e disto resulta un isomorfismo xenérico (Tavani 1986: 96-104) que, nunha lectura superficial, podería dar lugar a unha percepción de monotonía.
Mais, por outra parte, a orixinalidade e a individualidade poética procurábase en maior ou menor medida tratando con variacións e modulacións de matiz os temas obrigados pola tradición (Zumthor 1972: 79-82). O trobador pontevedrés Paai Gomez Charinho, por fornecer un exemplo, trata de forma personalísima o motivo obrigado da coita de amor ao estabelecer unha comparación entre esta e os sufrimentos causados polo mar, a coita do mar que el coñecía pola súa condición de almirante

A poesía profana.  Xéneros
As cantigas de amor.
As cantigas de amigo.
As cantigas de escarnio e maldizer.

____

Editorial: UN. da Coruña 04- 2025
Idioma: Galego
Páxinas: 911
CANTIGAS MEDIEVAIS
MÚSICA
MÚSICA POPULAR
POESÍA
CANTIGAS DE AMOR
GALEGO-PORTUGUESAS

UNIVERSO CANTIGAS 01. AMOR

Item no : 4281816358
sold recently : Login >>
US$ 56.86
Pay in 4 interest-free payments of $14.21 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 28 - Jul 3

Enjoy 20% off shipping

US$ 56.86

1-11

US$ 51.17

12-35

US$ 39.80

36-59

US$ 34.12

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches