20% OFF shipping at alliance-ir.net on orders over $79 + up to 10% OFF products
alliance-ir.net
home > GRIAL 237 > GRIAL 237
download picture
GRIAL 237A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernndez del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Da das Letras Galegas. O que fora presidente da institucin durante o perodo de 1997 2001, impulsara esta festividade que soara en tempos da repblica, como deixa constancia nun artigo de 1933 titulado A diada do libro galego. Xa daquela reflexionaba sobre a importancia de dedicarlle unha data literatura galega: Unha semana adicada cultura galega, coa
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

A Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora presidente da institución durante o período de 1997-2001, impulsara esta festividade que soñara en tempos da república, como deixa constancia nun artigo de 1933 titulado “A diada do libro galego”. Xa daquela reflexionaba sobre a importancia de dedicarlle unha data á literatura galega:

“Unha semana adicada á cultura galega, coa emoción, coa intensidade e coa riqueza que tal empresa esixe e merece, débese escomenzar decontado a traballar prá celebración da festa do Libro Galego [...] Cabía facer unha edición especial dun libro definitivo e trascendente na nosa cultura e na nosa historia, pra espallar nese día con profusión, pra establecer nas escolas coma premio de calidade (El Pueblo Gallego, 25-VII-1933)”.

Non sorprende, pois, que o 20 de marzo de 1963 presentase a iniciativa xunto a Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, só dous anos despois do seu ingreso como académico de número. Dende entón transcorreron xa seis décadas da creación da festividade de máis relevancia da cultura galega, e parecía de xustiza homenaxear a quen a impulsou e quen, durante toda a súa vida, traballou arreo para que Galicia fose dona de seu.

A revista GRIAL non podía permanecer allea á homenaxe de quen fora o seu director e cofundador. Na casa de Del Riego xuntouse na primavera de 1951 a Comisión Executiva de Editorial Galaxia para elaborar o primeiro número da colección: Presencia de Galicia. Aqueles días pediron orixinais, corrixíronos, montaron a revista, enviárona á imprenta, distribuírona entre as persoas colaboradoras e subscritoras e, incluso, entre as librerías. O segundo caderno titulouse Pintura actual en Galicia; mantiña o mesmo tríscele deseñado por Xaime Isla e engadía, na parte central, unha franxa azul. O terceiro número ía estar dedicado só a Curros, pero finalmente engadiron a Emilia Pardo Bazán, para non levantar as sospeitas da censura. No cuarto e último caderno, Aspectos económicos y jurídicos de Galicia, abrían aínda máis o concepto de cultura e apostaban por ámbitos diferentes ás artes. O 12 de abril de 1951 publicouse o primeiro número, o último o 25 de marzo de 1952, cando a censura truncou esta experiencia, unha máis.

Non será ata 1963 que conseguen a autorización da Dirección Xeral de Prensa para publicar a revista. Á fronte Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, que logran cumprir os prazos fixados e non perder a oportunidade que se presentara, máis de dez anos despois da primeira tentativa. Aquel esforzo quedou compensado coa boa acollida entre os afíns ao grupo, os exiliados e os estudosos estranxeiros, pois non escatimaron esforzos e enviaron a revista ás principais universidades onde dispuñan dalgún contacto. Nesta nova etapa engadiron como subtítulo Revista Galega de Cultura, co ánimo de clarificar a súa finalidade e a súa vocación universal.

Nos primeiros once números de GRIAL non figuran nin o consello de redacción nin o director da revista, e haberá que agardar ao número 12 —abril, maio, xuño, 1966—, para que aparezan referidos. O xornalista que asumiu formalmente o rol de director foi Ánxel Sevillano, quen entón traballaba en El Pueblo Gallego; cando este se xubilou —a partir do número 39, en 1973—, substituíuno Xosé Landeira Yrago, daquela na nómina de Faro de Vigo. Ambos os dous aceptaron, sen recibiren ningunha retribución económica, aparecer de iure como directores, aínda que de facto fosen Del Riego e Piñeiro, que só podían aparecer como codirectores. A carón deles, o consello de redacción estaba composto por Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Xosé Manuel López Nogueira, Marino Dónega, Camilo G. Suárez-Llanos, Basilio Losada e Ricardo García Suárez.

Ao longo dos anos, Del Riego asinou ao pé de cento cincuenta artigos e notas —sen contar as moitas que redactaría de maneira anónima—, para que a revista saíse completa e sempre puntual á súa cita cos lectores. Do número 101 — xaneiro, febreiro, marzo, 1989— encargouse Carlos Casares, que xa había tres anos que dirixía a editorial e, á súa morte, sucederíao Víctor F. Freixanes. Será entón cando Del Riego e Isla pasen a ser directores honoríficos da publicación, unha revista que foi, e segue a ser, o mascarón de proa da editorial que ambos os dous fundaran oficialmente o 25 de xullo de 1950.

GRIAL foi un dos grandes proxectos de Del Riego, polo que esta publicación non podía permanecer allea a quen é debedora. Así nace este monográfico, co desexo de iluminar algúns puntos da súa extensa e intensa biografía. Foi a nosa intención asomar diferentes miradas sobre a súa figura e atender aspectos que poden ser máis descoñecidos. O seu paso pola universidade ou a súa carreira política sitúannos nos primeiros anos de militancia galeguista, cando as pedras de Compostela respiraban liberdade e república. Naquel tempo en que anoaba o lazo ao pescozo e paseaba pola Alameda coa súa moza Evelina, cos seus amigos do Grupo Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos. Sobre os anos de mocidade e o seu compromiso político escriben Patricia Arias Chachero e Uxío-Breogán Diéguez.

A súa carreira política principiara no balcón do concello da súa vila natal, Vilanova de Lourenzá; era 1931 e regresaba de Madrid cunha idea de Galicia clara, a que guiaría todas as súas decisións. Todas as fontes apuntan a que estaba chamado a ter unha brillante carreira política, pero a naquela viaxe a Venezuela. Por iso é de xustiza botar luz sobre este tema deixando falar os documentos e as testemuñas, como fai Xosé Manuel Dasilva no seu traballo.

Para finalizar, non podiamos deixar de achegarnos á Fundación Penzol, pois foi a institución á que dedicou máis horas da súa vida —dirixiuna dende 1963 ata o 31 de decembro de 2009—. O último artigo deste monográfico é da autoría de Marián Vidal, directora técnica da Fundación Penzol e man dereita durante anos do noso protagonista. Quen mellor ca ela para achegarnos a entrega de Del Riego en conservar e ampliar o arquivo e biblioteca, en atender a investigadores e investigadoras, en abrir a institución á sociedade. Na actualidade, ao cruzar o limiar da Casa Galega da Cultura, recíbenos unha enorme fotografía de Del Riego consultando os fondos da Penzol, alí onde tamén se acubilla a súa biblioteca e arquivo. O seu legado material atesóurase nun edificio da cidade que o acolleu: Vigo; pero a súa verdadeiras achega non se pode conter entre muros, está no zume que se distribúe por canta iniciativa a prol da lingua e da cultura do país está en pé. ditadura esnaquizou todos os proxectos e, aínda, os soños. A dura posguerra levouno a Vigo, onde se viu obrigado a comezar de novo co peso dunha inhabilitación. Con todo, mantívose leal á causa galeguista e comezou a artellar a reorganización política e cultural xunto a outros compañeiros de viaxe. Nese grupo non estaba Celso Emilio Ferreiro, que vivía en Pontevedra, onde exercía como secretario de taxas e se movía nos círculos franquistas. A finais dos anos cincuenta o poeta asenta en Vigo e retoman a amizade que trabaran nas Mocedades Galeguistas; pero en 1968 prodúcese unha fractura que remata coa súa relación. Este feito mancou profundamente a Del Riego, que nunca perdoou a actitude de Celso Emilio, tanto é así que compilou nunha carpeta diferente documentación sobre este suceso. A súa queixa era que na maioría de artigos ou monográficos sobre o poeta omitíase ou dábase información non veraz ou non completa do que acontecer.


____

Editorial: Galaxia 04-2023
Idioma: Galego

GRIAL 237

Item no : 35404000740
sold recently : Login >>
US$ 13.50
Pay in 4 interest-free payments of $3.38 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 25 - Jun 30

Enjoy 20% off shipping

US$ 13.50

1-11

US$ 12.15

12-35

US$ 9.45

36-59

US$ 8.10

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches