20% OFF shipping at alliance-ir.net on orders over $79 + up to 10% OFF products
alliance-ir.net
home > A SEÑORITA CORAZÓNS SOLITARIOS > A SEÑORITA CORAZÓNS SOLITARIOS
download picture
A SEÑORITA CORAZÓNS SOLITARIOSA seorita Corazns Solitarios o pseudnimo dun xornalista que mantn un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A sa seccin unha manobra para vender mis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Dectase de que as confesins dos lectores son humildes expresins dun sufrimento verdadeiro que reclaman consello moral e espiritual, e vese na obriga de examinar os valores polos que
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

A señorita Corazóns Solitarios é o pseudónimo dun xornalista que mantén un consultorio sentimental nun diario de Nova York. A súa sección é unha manobra para vender máis exemplares. Tras varios meses respondendo cartas con torpes palabras de esperanza, a farsa escapa do seu control. Decátase de que as confesións dos lectores son humildes expresións dun sufrimento verdadeiro que reclaman consello moral e espiritual, e vese na obriga de examinar os valores polos que se rexe. Este exame demóstralle que, nuns tempos de desafección, el non é o autor da burla, senón tamén unha vítima.

Ambientada na época da Gran Depresión, a escritora Flannery O’Connor considerábaa a mellor novela moderna, canda En canto agonizo, de Faulkner. Para o crítico Harold Bloom, era un dos cumios da ficción norteamericana. Interpretada pola crítica como proba do gnosticismo xudaico (e tamén en clave de simbolismo freudiano), dramática e mordaz, parodia ou farsa tráxica, os seus dous protagonistas antitéticos brindan momentos excepcionais: a señorita Corazóns Solitarios, co seu complexo de Cristo salvador, que devén nun vórtice imparable, e o seu mefistofélico e descrido xefe Shrike.

A señorita Corazóns Solitarios é unha novela cargada de ironía e humor negro, cunha estrutura impecable, de admirable economía verbal. Unha sátira contra a relixiosidade da sociedade estadounidense e a amoralidade dos medios que acaba por tornar nunha parábola nihilista.

Nathan Wallenstein Weinstein

 Naceu en Nova York en 1903. Era fillo dun matrimonio de inmigrantes xudeus xermanofalantes, de clase media alta, naturais de Kaunas (Lituania). Malia non rematar o bacharelato, conseguiu que o admitisen, cun expediente falso, na elitista Tufts University de Boston, de onde o expulsaron. Recuncou, falseando outra volta os papeis, na Brown University de Providence, e licenciouse en 1924.

Entre 1926 e 1927 viviu en París. Alí escribiu The Dream Life of Balso Snell, a primeira das súas catro novelas. Ao regresar a Nova York, traballou na construción e axiña pasou a ser xerente dun hotel en Manhattan, na quenda de noite. As xornadas nocturnas, nas que conviviu con amigos escritores aos que lles brindaba aloxamento, servíronlle para corrixir a súa primeira novela, que conseguiu publicar en 1931, e para ler en segredo a correspondencia dos hóspedes, que seica lle deron o punto de partida para escribir A señorita Corazóns Solitarios (1933), de escaso éxito comercial porque a editorial entrou en suspensión de pagos. Ese ano decide marchar a Hollywood a traballar de guionista, a xunta amigos como Scott Fitzgerald, Dashiell Hammet ou Faulkner. En 1934 viu a luz a súa terceira novela, A Cool Million, e en 1939, O día da lagosta, considerada unha das mellores narracións sobre o Hollywood dos anos trinta. É autor así mesmo de dúas pezas de teatro satíricas.

Morreu, canda a súa muller Eileen McKenney, ilustradora para Disney, en 1940 en El Centro (California), nun accidente de automóbil, cando se dirixían ao enterro de Francis Scott Fitzgerald.

____

Editorial: Hugin e Munin 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 124
GRANDES CLÁSICOS
NOVELA SÁTIRA SOCIAL

A SEÑORITA CORAZÓNS SOLITARIOS

Item no : 20226836548
sold recently : Login >>
US$ 17.77
Pay in 4 interest-free payments of $4.44 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 28 - Jul 3

Enjoy 20% off shipping

US$ 17.77

1-11

US$ 15.99

12-35

US$ 12.44

36-59

US$ 10.66

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches